Things to come
William Cameron Menzies, 1936
100'. DCP. Subt. Castelán. Entrada de balde. Día Mundial do Patrimonio Cinematográfico
Things to come
(William Cameron Menzies, 1936)
Unha colaboración histórica entre o escritor H. G. Wells, o produtor Alexander Korda e o deseñador e director W. C. Menzies. Vida futura é unha película de ciencia ficción como ningunha outra, un traballo político profético que predi un século de axitación e de progreso. Saltando a través do tempo, somos testemuñas da guerra mundial, da enfermidade, da ditadura, e, por último, da utopía. Concibida, escrita e supervisada polo propio H. G. Wells como unha adaptación da súa propia obra, esta produción de grande orzamento, o máis ambicioso de Londres para as películas de Korda, é un triunfo da imaxinación e a audacia técnica. Con esta película que xa fai oitenta anos celebraremos o Día Mundial do Patrimonio Audiovisual.