
Sweetgrass
Ilisa Barbash e Lucien Castaing-Taylor, 2009.
101’. Subt. Castelán.
Presentación (martes): Lucien Castaing-Taylor e Ilisa Barbash
SWEETGRASS
(Estados Unidos, 2009)
Dirección: Ilisa Barbash e Lucien Castaing-Taylor. Produción: Ilisa Barbash para Harvard Sensory Etnography Lab. Fotografía: Lucien Castaing-Taylor. Duración: 101 minutos.
Elexía carente de sentimentalismo sobre o Oeste americano. Un longo traballo de documentación sobre os últimos vaqueiros dos nosos días, unha viaxe cos rabaños para pacer durante o verán cara ás fermosas e perigosas montañas Absaroka-Beartooth (Montana). Extrema na súa beleza e brutal na veracidade, preséntanos un mundo onde natureza e cultura, vulnerabilidade e violencia, entrelázanse intimamente. Presentada en Berlín, gañou o premio á mellor película no Play-Doc de Tui.