Robín de los Bosques
Michael Curtiz, 1938.
102’. Versión Castelá. Entrada Gratuíta
ROBÍN DE LOS BOSQUES / THE ADVENTURES OF ROBIN HOOD
(Estados Unidos, 1938)
Dirección: Michael Curtiz (e William Keighley). Guión: Norman Reilly Raine e Seton I. Miller. Produción: Warner Bros. Fotografía: Sol Polito e Tony Gaudio. Intérpretes: Errol Flynn, Olivia de Havilland. Duración: 102 minutos.
De regreso das cruzadas, o rei Ricardo Corazón de León é apresado por orde de Leopoldo de Austria. O seu trono é usurpado por Juan Sin Tierra. O proscrito Robin de Locksley, un cabaleiro que protexe ao pobo dos abusos xunto a unha banda de homes gorecidos nos bosques de Nottingham, impide coas súas accións o despotismo e mesmo o cobro de novos tributos. Gozoso clásico do cine de aventuras cun elenco de actores memorable, magnífico deseño de produción, 3 Oscars gañados (decoración, banda sonora orixinal e montaxe), secuencias magníficas (o duelo con espadas entre Robin e o shérif de Nottingham), enorme éxito de recadación e un traballo coa cor autenticamente pioneiro.