A religiosa portuguesa
Eugène Green, 2009.
127 ’. Subt. Galego.
Presentación (21 horas, entrada gratuíta): Eugène Green
LA RELIGIEUSE PORTUGAISE / A RELIXIOSA PORTUGUESA
(Portugal, 2009)
Dirección e guión: Eugène Green. Produción: O Som e a Fúria. Fotografía: Raphaël O´Byrne. Intérpretes: Leonor Baldaque, Ana Moreira, Adrien Michaux. Duración: 127 minutos.
Julie de Hauranne, unha actriz francesa de nai portuguesa, vai a Lisboa por vez primeira actuar nunha película inspirada polas Cartas dunha monxa portuguesa de Guilleragues. Pronto queda fascinada cunha monxa que vai rezar cada noite á Capela de Nossa Senhora do Monte no outeiro de Graça. Unha noite, tras falar coa monxa, intúe o seu destino e o sentido da súa vida. Chea de fino humor, obtivo o premio principal no Festival de Ourense logo do seu paso por certames como Locarno e Xixón.