Reap the Wild Wind / Piratas del mar Caribe
Cecil B. DeMille, 1942
123'. DCP. Subt. Castelán
Reap the Wild Wind / Piratas del mar Caribe
(Estados Unidos, 1942)
Dirección: Cecil B. DeMille. Guión: Alan Le May, Charles Bennet, Jesse Lasky Jr. (baseado nun artigo do Saturday Evening Post de Thelma Strabel). Fotografía: Anne Bauchens. Intérpretes: Ray Milland, John Wayne, Paulette Goddard, Raymond Massey, Robert Preston. Dur: 123'.
Paulette Goddard, máis faladora ca en Tiempos modernos de Chaplin, namórase perdidamente dun capitán de barco interpretado por John Wayne. Aparece Ray Milland polo medio para engadir un pouco máis de confrontación á trama. Aínda que o verdadeiro inimigo na historia é esa icónica luva xigante que intenta comer os protagonistas. Romance e aventuras a partes iguais.