A segunda vida das imaxes. Remontaxe no cine documental e experimental (I)
Del 1 de febrero de 2009 al 28 de febrero de 2009
En colaboración con Punto de Vista. Festival Internacional de Cine Documental de Navarra.
Axudando á tarefa de cartografar os territorios en mutación da non ficción contemporánea, o ciclo “A segunda vida das imaxes. Remontaxe no cine experimental e documental” propón unha revisión do concepto de remontaxe ou apropiación na Historia do cine documental e experimental. A idea da metraxe allea que adquire un sentido novo no interior doutra obra, hoxe en plena efervescencia dunha maneira ben rotunda e versátil, conforma unha sorte de veta ou corrente que viaxa do cine de montaxe ao found footage e inclúe pezas clásicas que rexistran nomes que van de Joseph Cornell e Pasolini ata os traballos contemporáneos de Alan Berliner ou Serguei Loznitsa. Distribuído en bloques ou tendencias (escola americana, Hollywood espolio, A Historia oficial, A historia doméstica e o estudo visual) o ciclo continúa no mes de marzo. O CGAI edita co festival Punto de Vista a publicación “Metraje encontrado. La apropiación en el cine documental y experimental”, coordinada por Antonio Weinrichter.
Agradecementos: Félix Viscarret, Alan Berliner, Su Friedrich, Vanessa Domico, Outcast Films (Estados Unidos), Pia Andell, Morgan Dews.