
MUST READ AFTER MY DEATH
Morgan Dews, 2007.
73´. Vídeo. Subtítulos en galego.
MUST READ AFTER MY DEATH
(Estados Unidos, 2007)
Dirección, guión e produción: Morgan Dews. Duración: 73 minutos.
Partindo dun incrible material de arquivo familiar conservado que o autor atopa tras a morte da súa avoa (201 horas de películas domésticas, 300 páxinas de transcrición de conversas, 50 horas de audiodiarios), Morgan Dews reconstrúe a historia da súa familia, sometida a unha singular terapia intensiva en Connecticut nos anos 50 e 60.