Premios Mestre Mateo 2021
Del 20 de mayo de 2021 al 22 de mayo de 2021
O ano máis traumático da historia recente, 2020, devén, non obstante, nunha listaxe de filmes galegos de calidade moi notable. O resultado da edición de 2021 dos Premios Mestre Mateo deixa pegadas do enorme talento en circulación. Ons de Alfonso Zarauza é a gran triunfadora con nove premios, gañadora ademais do premio á mellor película, un filme con Antonioni na lembranza, paisaxe telúrica e conto, ben localizado nunha comunidade precisa, onde misterio e intimismo converxen. Con Nación de Margarita Ledo, mellor documental, asistimos a unha robusta miscelánea de materiais arredor da muller, do traballo e do propio estatuto da imaxe. A webserie de Lucía Estévez e Miguel Canalejo, Xan, cativa pola súa orixinalidade e humor arrasador; a curta de animación, Carne, percorreu o mundo co seu retrato do corpo femenino e, Xoves de comadres, de Noemí Chantada consolida a veracidade cotián co que acredita a súa solvente traxectoria.