OLLADAS DE MULLERES NO MUNDO
Del 1 de marzo de 2014 al 30 de abril de 2014
En colaboración co Consello da Cultura Galega.
Co gallo do día da Muller traballadora, un ciclo en que as figuras femininas son as protagonistas. Directoras, guionistas, produtoras, unha tentativa de amosar outra visión ou perspectiva. En La bicicleta verde, a voz oculta emerxe inmediatamente: Arabia Saudí e as prohibicións contra a muller. Las maestras de la República, Goya ao mellor documental, recupera un legado e un proxecto que moitos quixeron destruír. As producións galegas de Xisela Franco, Raquel Rei e Encarna Otero mesturan creación e temática feminina. Entrementres, o portugués Gonçalo Tocha achégase á relación da muller co mar, entendido este como lugar de traballo.
Agradecementos: FETE-UGT, Raquel Rei, Agencia da Curta Metragem, Salette Ramalho, Xisela Franco.