A luz do negro
Encarna Otero, 2014
33'. Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
A LUZ DO NEGRO
(España, 2014)
Dirección e guión: Encarna Otero. Realización: Beatriz Pérez e Manuel Gago. Produción: Consello da Cultura Galega. Fotografía: Teresa Navarro. Duración: 33 minutos.
No ano 1939, a Brea era unha das grandes minas de volframio activas a nivel mundial. Axentes aliados e alemáns releaban pola compra do "ouro negro", do mineral estratéxico para o armamento da II Guerra Mundial. Isto xera unha febre mineira que ocupou miles de homes e mulleres na súa procura. A construción do poboado mineiro do Fontao na década dos cincuenta do século XX e o feito de que a actividade mineira da Brea, aínda que se vai reducindo paulatinamente, se prolongue ata a década dos sesenta fan deste territorio da Brea unha fonte rica de testemuñas, de mulleres que coa súa memoria nos achegan a realidade da vida na mina, a amosaren particularidades concretas e ben diferentes do que vivían moitas outras na Galiza dos escuros anos corenta, anos de represión, fame, miseria, anos de tanta dor. Con A luz do negro, perséguese que as testemuñas alumeen un mundo, o da minaría, onde as mulleres sempre fican agochadas.