Olladas de mujeres en el mundo
Del 1 de marzo de 2016 al 12 de marzo de 2016
Como xa vén sendo tradicional no mes de marzo, en
colaboración co Consello da Cultura Galega organízase
o ciclo Olladas de mulleres no mundo, que este ano,
ademais das sesións dedicadas a Creadoras Galegas
de Imaxe, con películas de Diana Toucedo, Illa Bufarda
e Xisela Franco, inclúe unha pequena homenaxe á
realizadora belga Chantal Akerman (1950-2015) con
dúas películas que xiran arredor da súa relación coa
nai, News from Home (1977), que proxectaremos en
versión restaurada, e No Home Movie (2015), a súa
última longametraxe, presentada pouco antes do seu
falecemento en outubro do ano pasado. O ciclo inclúe
tamén a polémica Paulina, de Santiago Mitre.
Agradecementos: Diana Toucedo, Amarante Compostela,
Xisela Franco, Doc and Film (París), Cinematheque Royale
de Belgique (Bruxelas).