
No home movie
Chantal Akerman, 2015
115’. Vídeo HD. Subt. Galego. Entrada gratis
NO HOME MOVIE
(Bélxica, Francia, 2015)
Dirección, fotografía, montaxe e son: Chantal Akerman. Produción: Patrick Quinet, Serge Zeitoun, Chantal Akerman. Dur.: 115'.
Chantal Akerman, unha das máis relevantes cineastas europeas de todos os tempos, decidiu nomear a súa última película cun xogo de palabras tan elocuente como enxeñoso. No Home Movie pecha en si mesma a proximidade dunha película doméstica –home movie– e as súas maneiras para rexistrar os últimos días de súa nai, sobrevivente polaca de Auschwitz, ata a extinción da súa vida en 2014. Un vínculo roto que supón a perda definitiva do fogar para Akerman, nómade por vocación e, de agora en diante, sen remedio. (Catálogo SEFF 2015)