Especial Punto de Vista
Del 1 de marzo de 2011 al 31 de marzo de 2011
En colaboración co Festival Internacional de Documental de Navarra Punto de Vista.
Heterodocsias. En colaboración con IVAC-La Filmoteca de Valencia e Festival Internacional de Documental de Navarra Punto de Vista.
Recollemos dous focos de atención do Festival Internacional de Documental celebrado en Pamplona nos últimos días de febreiro. Un pasa pola estrea de filmes pertencentes á sección máis vangardista do prestixioso certame, A Región Central, onde propostas estimulantes (e inéditas en España) de directores estadounidenses como Lee Anne Schmitt, Thomas Comerford ou Thom Andersen -do que o CGAI xá proxectara Los Angeles plays itself- atopan acomodo e axudan a reformularse os conceptos tradicionais de ficción e non ficción así como a nosa relación coas imaxes. No segundo bloque, Heterodocsias Rewind, revisamos unha páxina insólita da historia do cine español, aquela entre os anos 30 e 50 do século pasado na que o cine considerado amateur se vai mesturar nos casos máis afortunados con elementos propios da vangarda ou baixo influencias neorrealistas. A sesión dedicada á vangarda inclúe estes traballos, todos de autoría catalá: Ritmes d’un dia (1933) e Ombres (1935) de Domènec Jiménez; Piedra (1939) e Memmortigo? (1934) de Delmiro de Caralt; Festa major (1933), Pregaria a la Verge del Colls (1947) e Antonia Llobet Sans (1950) de Lorenzo LLobet Gracia –o autor da mítica longametraxe Vida en sombras (1948)- e In memoriam de la abuelita Mercedes (1950) de Pere Font. A sesión neorrealista atopa na coñecida mediametraxe galega El andamio (1958) de Rogelio Amigo o seu emblema recoñecible, pero tamén comprende El pan nostre de cada dia (1950) de Joan Blanquer e Ramón Bardés e Una aventura vulgar (1953) de Antonio Crespo. Todo un descubrimento.
Agradecementos: Lee Anne Schmitt, Thomas Comerford, Thom Andersen, Beatriz Llobet, Delmiro de Caralt, Joan Manuel Martínez, Pere Font, Rosa Saz, Filmoteca de Catalunya, Isabel Pardo, Arxiu Históric de Sabadell, Ángel Cruz, Filmoteca Regional de Murcia, Ángel Rueda, Emilio Palos, Rogelio Amigo, Marta Artica.