Get out of the car
Thom Andersen, 2010.
34´. Subt. Galego.
GET OUT OF THE CAR
(Estados Unidos, 2010)
Dirección, produción e guión: Thom Andersen. Duración: 34 minutos.
Unha sinfonía urbana filmada en 16 mm e composta por carteis, fachadas de edificios, fragmentos musicais, extractos de conversas e lugares sen nome, restos de monumentos culturais esquecidos. Os fragmentos musicais achegan unha visión impresionista da música popular que soaba en Los Ángeles (e outros lugares) entre 1941 e 1999, en especial o rhythm and blues e o jazz da década de 1950 e os corridos dos anos 90. Destaca a música de Richard Berry, Johnny Otis, Leiber and Stoller e Los Tigres del Norte.