Contexto: Le fils de Joseph
Del 22 de febrero de 2017 al 24 de marzo de 2017
Eugène Green, ao que o CGAI lle dedicara unha retrospectiva en 2010, verá proxectada na filmoteca a súa última ficción, Le fils de Joseph. Autor herdeiro do cine moderno galo, con claras influencias de Robert Bresson no cinematográfico, e sempre rexido polos contrastes da arte barroca, ten unha longa traxectoria de fitas con temática sacra, como A Religiosa Portuguesa ou La Sapienza. En Le fils de Joseph adapta ao París contemporáneo varios relatos bíblicos, entre eles a fuxida de Exipto dos xudeus, que Cecil B. DeMille representara dun xeito épico en Los diez mandamientos. A visita por parte dos protagonistas ao cine para ver El desierto rojo sérvenos ademais de escusa recuperarmos a obra mestra de Michelangelo Antonioni nesta nova entrega da nosa liña programática Contexto.