Cine e Ciencia
Del 1 de septiembre de 2011 al 31 de octubre de 2011
En colaboración con: IV Mostra de Ciencia e Cinema.
Prosegue o traballo conxunto entre CGAI e Mostra de Ciencia e Cinema. De novo unha semana de programación versátil onde os nexos entre cine e ciencia amosan a súa complexidade e amplitude. Indagacións documentais que alcanzan a mestura de contemplación do cosmos e exploración na memoria dos desaparecidos dunha ditadura, a chilena -Nostalgia de la luz, anexionada á obra do seu autor, Patricio Guzmán, responsable da célebre La batalla de Chile-, ou aproximacións á vida dun orangután –Nénette, do magnífico Nicolas Philibert-, homenaxes a autores iconoclastas senlleiros, que van do percorrido pola paisaxe ao documento antropolóxico invadido por elementos de ciencia-ficción (Deborah Stratman, Ben Rivers), a revitalización dunha etnografía da memoria (a portuguesa Encontros) ou, last but not least, xeniais pezas didácticas a cargo de pioneiros da animación (os irmáns Max e Dave Fleischer) que nos achegan aos mundos de Einstein e Darwin.
Juan Herbera, analista do mercado cinematográfico, avalado pola súa experiencia nos sectores da distribución e exhibición, hoxe asesor de empresas, docente na ESCAC e autor do excelente blog (extinto por decisión propia hai uns días) Desde la taquilla, impartirá a conferencia “Está en crise o mercado cinematográfico en España?”. Herbera disecciona a evolución da asistencia ás salas de cine desde os anos 80 do século pasado, un estudo exploratorio estruturado a partir de parámetros básicos (pantallas, espectadores, recadación, prezo medio e índices de asistencia) que ilustra o funcionamento, potencial e incidencias do parque de salas cinematográfico español.
Agradecementos: Juan Herbera, Deborah Stratman, Murray Glass, Ben Rivers, Lux (Gran Bretaña), Gil Leung, Les Films du Losange (Francia), Thomas Petit, Adrian Jestin, Pierre-Marie Goulet, Asssociação Viver a Ciência, Joana Barros, Sílvio Mendes, Patricio Guzmán, Adriana Guzmán.
![Programa curtametraxes Deborah Stratman Programa curtametraxes Deborah Stratman](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_2288.jpg?itok=Db6fWG7v)
Programa curtametraxes Deborah Stratman
![Nénette Nénette](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_2289.jpg?itok=IfpVujUf)
Nénette
![Programa Ben Rivers Programa Ben Rivers](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_2291.jpg?itok=sMm5rYQI)
Programa Ben Rivers
![Encontros Encontros](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_2292.jpg?itok=8LPQ-4-V)
Encontros
![Nostalgia de la luz Nostalgia de la luz](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_2293.jpg?itok=4BU5Ufuo)