Birgit Hein: Cine Cru
Del 29 de febrero de 2016 al 5 de marzo de 2016
En colaboración con: La Casa Encendida (Madrid) e Festival de Cine Europeo de Sevilla. LOGOS
Colabora: Savinen. Traducciones y subtítulos (www.savinen.com/)
Nada en 1942 en Berlín, Hein é, sen dúbida ningunha, unha das figuras máis importantes da historia do cine experimental. O seu percurso como directora pode dividirse entre os traballos co seu marido Wilhelm Hein (1966-1988) e os filmes asinados en solitario realizados desde 1991 ata o presente. Simultaneamente, a traxectoria profesional de Hein complétase cun intenso labor como programadora, difusora e pedagoga do cine experimental e de vangarda. Hein é unha activista do cine experimental, cuxa presenza traspasa a estrita realización de filmes para formar parte da intensa cultura cinematográfica existente derredor do experimental desde os anos sesenta. O obxectivo desta retrospectiva é reivindicarmos o papel de axitadora de Birgit Hein na cultura cinematográfica contemporánea e mais trazarmos unha panorámica do seu traballo, primeiro co seu exmarido, Wilhelm Hein, e soa a partir dos anos 90 do pasado século. Un percorrido cinematográfico que arrinca no cine estrutural e materialista dos seus comezos para ir derivando cara a unha vertente moito máis persoal e política, que non refuga a reflexión sobre o soporte, mais que abraza o cine ensaio, o diario, ou a etnografía experimental para practicar un cine que explora os límites do propio cine coa finalidade de abordar cuestións íntimas ou sociais, públicas ou privadas. (Gonzalo de Pedro e Miguel Fernández Labayen)
Agradecementos: Birgit Hein, Arsenal-Berlin, Lux (Londres).