After Hours
Del 1 de mayo de 2008 al 31 de mayo de 2008
Documentais musicais, curtas galegas e dous títulos de culto do cine contemporáneo, o filme de terror The descent (2005) e a traxicomedia sexual Shortbus (2006), integran a programación en horario nocturno deste mes. A proxección do documental My name is Albert Ayler vai precedida dun concerto coa intervención do improvisador francés Michel Henritzi e o volinista xaponés Rinji Fukuoka, integrantes do proxecto conxunto Walking in the Shadow, unha persoal achega á música psicodélica e experimental. A actuación vai acompañada de proxeccións do fotografo Kumiko Karino. Henritzi leva case tres décadas a explorar e deconstruír a American Primitive Music, implicado en diferentes proxectos musicais como Dustbreeders ou Howlin´ Ghost Proletarians. Colaborador de Bruce Russell, Taku Unami, Taku Sugimoto ou Toshimaru Nakamura é un experto coñecedor da música nipona. Rinji Fukuoka pertence á banda de improv rock xaponesa Overhang Party.
Agradecementos: Carlos Aurelio López Piñeiro, Xavier Villaverde, Xabier Bermúdez, José Luis Ducid, José Martín Carmona, Luis Liste, Alber Ponte, Raúl Veiga.