Programa 1: Os anos 20
VV.AA, 1920-1929
55'. Vídeo HD. Subt. Castelán
Manhatta. Charles Sheeler e Paul Strand, 1920-21, 12'. 1ª versión coa orquestra de Donald Sosin.
Ballet mécanique. Fernand Léger e Dudley Murphy, 1923-24, 16'.
Anémic Cinéma. Rose Sélavy (aka Marcel Duchamp), 1924-25, 6'.
The Life and Death of 9413-A Hollywood Extra. Robert Florey e Slavko Vorkapich, 1927, 13'.
Skyscraper Symphony. Robert Florey, 1929, 9'.
O primeiro cine de vangarda debátese entre o entusiasmo fetichista e o escepticismo perante o progreso industrial e tecnolóxico que segue ao final da Primeira Guerra Mundial. Este cine encontra un dos seus obxectos centrais na cidade moderna concibida como un organismo de funcionamento preciso: nace así a sinfonía urbana. Manhattan érguese como o prototipo desta urbe utópica, como en Manhatta ou Skyscraper Symphony. Tal combinación de fascinación e perplexidade revélase tamén no desembarco das estéticas das vangardas europeas: na comicidade mecanicista de Ballet mécanique; na parodia tráxica do itinerario urbano do antiheroe de The Life and Death of9413; ou, de modo máis conceptual, nas pescudas sobre a linguaxe e a visión formuladas por Marcel Duchamp en Anémic Cinéma. (MNCARS)