Poza
Rubén Domínguez, 2013
9'. Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
POZA
(España, 2013)
Dirección, guión e fotografía: Rubén Domínguez. Produción: Prenom. Intérpretes: Mar Catarina, Rubén Domínguez. Duración: 9 minutos.
“Nos espazos habitan os restos dun pasado que só deixou esqueletos desmembrados. No limiar do continente esperan os cadáveres dos náufragos ou as sobras que impulsa o océano. Mar tamén observa a natureza con ollos estraños, esquecida durante moito tempo. Observa o seu movemento mentres agarda. Sempre o agarda. Pode liberarse, mais sente degoros de volver. É imposible vivir a liberdade” (Rubén Domínguez). O persoal e intimista universo do seu autor, director de Funeral afónico, presentada hai uns anos no CGAI, nunha peza de absoluta estrea na nosa sala.