
Pic-nic
Eloy Enciso, 2007.
77’. Entrada gratuíta.
Presentación: Eloy Enciso
PIC-NIC
(España, 2007)
Dirección: Eloy Enciso. Guión: Eloy Enciso e Elena Arroyo. Produción: IB Cinema, Salto de eje. Fotografía: Mauro Herce. Duración: 77 minutos.
Cada amencer, os protagonistas deste documental lánzanse á conquista dunha quimera de sol e descanso. Desenfundando antucas no canto de pistolas, tirando de hamacas no canto de cabalos e alforxas, estes homes representan unha peculiar versión do afastado Oeste, na que cada centímetro de praia e minuto contan. Con esa loita, a promesa de descanso convértese nunha carreira polo tempo e o espazo, a mesma carreira ancestral do home agora tamén durante as vacacións. Os conquistadores desta praia, homes castizos e con panza, calan as súas gorras e entornan os ollos, falan parco e claro. Evocan, sen eles sabelo, aos heroes do CinemaScope. As súas historias e os seus silencios veñen de lonxe. Son antiheroes, xentes de xestos e xeitos que recordan a un tipo afastado ou a un coñecido do barrio. Representan o ocaso dunha epopeia, unha España cañí con sabor a Tati que se extingue. Premio ao mellor documental galego no Play-Doc de Tui 2008. A primeira longametraxe do autor de Arraianos, obra en proceso da que se ofrecerá un adianto.