A PEQUENA VENDEDORA DE SOL
Djibril Diop Mambety, 1998
44´. Subtítulos en galego. Entrada gratuíta.
LA PETIT VENDEUSE DE SOLEIL / [A PEQUENA VENDEDORA DE SOL]
(Senegal-Francia-Suíza-Alemaña, 1998)
Dirección e guión: Djibril Diop Mambety. Produción: Maag Daan e Waka Films. Fotografía: Jacques Besse. Intérpretes: Lissa Balera, Aminata Fall. Duración: 44 minutos.
Desde hai moito tempo, a venda de xornais por poxa nas rúas de Dakar é patrimonio dos rapaces. Pero desde esta mañá, esta exclusividade vese cuestionada, que pasou? Sili ten entre 10 e 13 anos, vive na rúa, e móvese coa axuda de muletas. Ela, unha mendiga, bota unha man alí onde os rapaces ofrecen os xornais. Humillada por eles, toma unha decisión: venderá os xornais como todo o mundo. O que é válido para o home, tamén o é para a muller. Atopará a dor, o soño, e tamén a amizade.