People’s Park
JP Sniadecki, 2012
78'. Vídeo HD. Presentación de JP Sniadecki. Entrada de balde.
PEOPLE’S PARK
(Estados Unidos-China, 2012)
Dirección, produción e fotografía: JP Sniadecki e Libbie D. Cohn. Duración: 78 minutos.
“Un percorrido único polo parque: este brillante e festivo documental conceptual captura a vívida realidade dun parque urbano, o Parque Popular de Chengdú, Sichuan. Os directores Libbie Cohn e JP Sniadecki empregan unha técnica de filmación absolutamente orixinal e moi apropiada: unha única toma continua. Sen cortes nin edición. Ao percorreren o parque dun lado ao outro e avanzaren sen se deter nunca, a cámara capta centos de urbanitas chineses na procura dun pouco de diversión, relax, contacto social e liberdade. Xantan, pasean, practican caligrafía, bailan e míranse. E son mirados (por nós) dun modo que, se ben nun principio parece observación pura e dura, pouco a pouco vai adquirindo un ton extático, case de transo, que acada o clímax cando as persoas, o movemento, a música, a imaxe e o son bailan todos xuntos – o máis preto do pracer que se pode estar no cine” (Shelly Kraicer).