Pasqualino Settebellezze / Pasqualino: Siete bellezas
Lina Wertmüller
116'. 16mm. Subt. Galego
Pasqualino Settebellezze / Pasqualino: Siete bellezas
(Italia, 1975)
Dirección e guión: Lina Wertmüller. Fotografía: Tonino Delli Colli. Intérpretes: Giancarlo Giannini, Fernando Rey, Shirley Stoler. Dur: 116'.
“(...) Cun humor crítico, grotesco, caricaturesco, e un grato recurso como a picaresca e a sátira, as comedias de Wertmüller sempre me recordaron o cine de Fernando Trueba, especialmente El año de las luces e Belle Epoque. Pasqualino: Siete bellezas é unha comedia negra de referencia. Wertmüller empregou na súa xestación os recursos da gran comedia italiana para facer unha crítica á covardía, á mesquindade e á deshumanización presente na II Guerra Mundial e no nazismo. Con base niso, a cineasta italiana outorgou o protagonismo da cinta a un personaxe amoral, carente de calquera síntoma de dignidade, capaz de facer o que sexa para pisar os seus semellantes e escalar socialmente. (...)
O personaxe representado por Pasqualino terá o seu antagonista no anarquista interpretado polo noso Fernando Rey, que personifica o individuo digno e incorruptible que protagonizará o que para min é o gran momento da película, ao manifestar unha das poucas mostras de decencia e humanismo que deixa caer Wertmüller na súa fábula.
A película obtivo 4 nomeamentos aos Óscars en 1977, incluíndo director, actor principal (espectacular interpretación de Giancarlo Giannini, unha das mellores da historia do cine) e guión orixinal. Caricaturesca, bela, esperpéntica (mítica a escena de sedución de Giancarlo Giannini á horrorosa xefa de inspección nazi), a película traspasa os límites da comedia para propornos unha fonda reflexión sobre o carácter impersoal do ser humano”.
Rubén Redondo, Cine maldito.