The Ox-Bow Incident / Incidente en Ox-Box
William A. Wellman, 1943
72'. DCP. Subt. Castelán
The Ox-Bow Incident / Incidente en Ox-Box
(Estados Unidos, 1943)
Dirección: William A. Wellman. Guión: Lamar Trotti. Fotografía: Arthur Miller. Intérpretes: Henry Fonda, Dana Andrews, Mary Beth Hughes, Anthony Quinn, William Eythe, Henry Morgan, Jane Darwell, Frank Conroy. Dur: 72'.
Nevada, 1885. Un vaqueiro chega a unha pequena vila na procura dunha antiga moza, seica no lugar comentan que de dubidosa reputación. Na súa visita, asasinan a un coñecido rancheiro e móntase un grupo de linchamento ante a ausencia do shériff, en que participa o tal vaqueiro e un colega que o acompaña.
Western cru e atípico, convertido en filme de culto, que destila toda unha alegación contra a violencia e o racismo inédito nesa época. Como é habitual nas producións de Wellman, ao éxito do filme contribúe tamén un elenco con nomes como Henry Fonda ou Anthony Quinn.