Os días afogados
César Souto e Luis Avilés Baquero, 2015
86'. Vídeo HD. Presentación del micropoemario Auga a través, de Dores Tembrás. Entrada gratuita
Os días afogados
(España, 2015)
Dirección: César Souto Vilanova e Luis Avilés Baquero. Guión: César Souto Vilanova, Luis Avilés Baquero e Cristina Liz Graña. Produción: Iván Patiño, Amanita Films. Dur.: 80 min.
Despois de 20 anos sepultada baixo as augas do encoro de Lindoso (Portugal), a aldea de Aceredo (Lobios, Ourense) quedaba ao descuberto a finais de 2012 por mor da baixada inesperada do nivel da presa. Do fondo do encoro emerxían as ruínas do que foi en tempos un dos lugares con máis vida de toda a Baixa Limia, unha ocasión que aproveitaron os antigos veciños de Aceredo para se reencontraren coa aldea da que foron expulsados. Tomando como fío condutor da historia a Paco Villalonga, veciño de Aceredo, quen gravou a paseniña agonía anos antes, o documental recollerá os testemuños dos veciños afectados para reconstruír o transo de abandonaren o lugar onde tiñan as súas raíces.