Os días afogados
César Souto Vilanova e Luis Avilés Baquero, 2015
86'. DCP. Entrada gratis. Presentación
OS DÍAS AFOGADOS
(España, 2015)
Dirección: César Souto Vilanova e Luis Avilés Baquero. Guión: César Souto Vilanova, Luis Avilés Baquero e Cristina Liz Graña. Produción: Iván Patiño, Amanita Films. Dur.: 80’.
Despois de 20 anos sepultada baixo as augas do encoro de Lindoso (Portugal), a aldea de Aceredo (Lobios, Ourense) quedaba ao descuberto a finais de 2012 debido á baixada inesperada do nivel da presa. Do fondo do encoro emerxían as ruínas do que foi en tempos un dos lugares con máis vida de toda a Baixa Limia, unha ocasión que aproveitaron os antigos veciños de Aceredo para se reencontraren coa aldea da que foron expulsados. Tomando como fío condutor da historia a Paco Villalonga, veciño de Aceredo, quen gravou a paulatina agonía anos antes, o documental recollerá os testemuños dos veciños afectados para reconstruír o transo de abandonaren o lugar onde tiñan as súas raíces.