O Sangue
Pedro Costa, 1989
99'. 35mm. Subt. Galego
O Sangue
(Portugal, 1989)
Dirección e guión: Pedro Costa. Fotografía: Acácio de Almeida, Elso Roque, Martin Schäfer. Intérpretes: Pedro Hestnes, Nuno Ferreira, Inês de Medeiros. Dur: 99'.
Pedro Costa (Cavalo Dinheiro), quen fora alumno de Reis, debutou aos 29 anos con O sangue, filme con Nicholas Ray, Bresson, Badlands e La noche del cazador (entre outras exquisitas referencias) no punto de mira. Vicente, de 17 anos, e o seu irmán Nino, de 10, arránxanse sós durante as ausencias de seu pai. A súa nai non está nin se espera que volva. Cando o pai lisca para non volver, ambos os dous agóchano e seguen coas súas vidas. Mais unha violenta herdanza dos nada limpos negocios do pai axéxaos, e úneos a Clara, traballadora da escola coa que formarán unha familia clandestina.