
O ELIXIDO
Chema Gagino, 2009
15´. Vídeo. Presentación a cargo dos seus autores. Entrada gratuíta.
O ELIXIDO
(España, 2009)
Dirección e produción: Chema Gagino. Guión: Chema Gagino e Raúl Dans, sobre a obra «O Elixido» de Raúl Dans. Fotografía: Jaime Pérez. Intérpretes: Sonia Castelo, Antonio Mourelos. Duración: 15 minutos.
O Elixido, un rapaz de 18 anos, atópase no cuarto dun motel de estrada esperando a que os responsables da Organización se ocupen del e o leven a un sitio seguro. Está predestinado a ser un guía espiritual, o salvador que moitos esperaban. O rapaz espera custodiado por unha parella curiosa: Nadia, unha fanática da Organización e Edi, un auténtico mercenario a soldo.