La resaca de un fauno
Faunovo velmi pozdní odpoledne
Leos Sucharípa, Vlasta Spicnerová
- 99 min.
Faun, un libertino entrado en anos con moito estilo á hora de seducir rapazas novas, séntese aterrado polo envellecemento e a morte.
-
-
Cine checo dos 80 Auditorio da Universidade
La resaca de un fauno
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.
- Ano:1983
- Países de producción: República Checa
- Guión: Vera Chytilová, Ester Krumbachová (Historia: Jirí Brdecka)
- Fotografía: Jan Malír
Notas sobre o programa
Comedia moral que aborda un vello tema dun xeito novo e diferente na que Faun, un libertino entrado en anos con moito estilo á hora de seducir rapazas novas, séntese aterrado polo envellecemento e a morte. O seu medio de fuxir é vivir ó día ata que se decata do pobremente que malgastou a súa vida. Culto, intelixente pero irresponsable, Faun é o epítome dun egoísta á procura do pracer e nas relacións amorosas que non pasa dunha superficialidade estética. Para sentirse mellor, tenta mesturarse coa nova xeneración, pero comeza a sentir pánico cando se dá conta que non é capaz de seguirlle o ritmo e que moitas veces nin sequera comprende do que falan. A vida de Faun está construída sobre mecanismos de defensa para combati-la soidade e manterse xove, pero a seguridade en si mesmo está constantemente ameazada. Neste momento tardío da súa vida, descubre realmente o sentido das cousas: dar sen esperar nada a cambio, estar disposto a arriscarse, ser comprensivo e recoñecer que as mellores cousas da vida non se acadan sen esforzo. En definitiva, percátase de que para valora-lo envellecemento hai que mante-las cousas na correcta perspectiva. Neste sentido, A tarde demasiado demorada de Faun é unha crítica mordaz da pequena burguesía provinciana.