
Colleita IES 1993-1994
- 60 min.
O programa que se vai visionar recolle unha antoloxía de traballos audiovisuais realizados polos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Galicia durante o curso 93-94. Cada trimestre os alumnos das especialidades de Cámara, Postproducción, Son e Realización-Producción organizanse en dez equipos para desenvolver un proxecto audiovisual que abrangue tódolos procesos desde a idea ata a promoción e exibición. Nunha primeira fase abordan o xénero documental e na segunda a ficción. Durante todo o curso programas de radio, gravación de maque-tas, infografía, ou a realización de programas de TV son outras das práticas realizadas polos alumnos. Na presente antoloxía poderedes contemplar unha selección dos documentais e ficcións producidos na Escola no presente curso.
Estes traballos son cachiños de vida; quizá os alumnos non saiban aínda que é a vida quen fai as películas -como nos contou Manolo Matji- a través deles no curso do tempo. Probablemente a técnica -os planos, a imaxe, o son, a montaxe- teña un poder de fascinación tal que nos fai esquecer aquilo que é esencial para o futuro do audiovisual: as películas lévannos de viaxe. Queremos olla-las películas que nos emocionan, que nos transportan ó mundo da pantalla máis verdadeiro que o real. Vivimos as películas, pero só as películas que nos axudan a vivir, aquelas que nos permiten afronta-la vida no noso tempo, esas que nos axudan a vivir. E non podemos vivir sen historias. A técnica, a formación profesional, permite dispór dunhas ferramentas para contar unha historia, esa que é tan intensa que a técnica nin se mira.
Os alumnos da Escola de Imaxe e Son de Galicia aprenderán cos anos, porque iso non se pode ensinar, que facer unha película é destila-lo máis vivo de nós mesmos. Polo de agora, ós alumnos non lles pedimos unha historia ou non só iso, queremos deles un ano da súa vida. Os cachiños desa vida son estas películas que ides ver.
(Daniel Domínguez, profesor de guión)
- Ano:1994
- Países de producción: España