
Curtas Tex Avery
- 75 min.
Screwball football (1939).
The bear's tale (1940).
The heckling hare (1941).
Wags to riches (1949).
The peachy cobbler (1950).
The chump champ (1950).
The three little pups (1953).
Drag-a-long-Droopy (1954).
- Ano:1939-1954
- Países de producción: Estados Unidos
Notas sobre o programa
Ignacio Benedeti Corzo
Durante os últimos anos proxectáronse no CGAI, ó longo de distintas sesións, arredor de 70 cartoons de Tex Avery. A resposta dos entusiastas do cine galegos foi extraordinaria, como xa tiña sucedido en Gran Bretaña e os Estados Unidos, países nos que diversos clubes cinematográficos e universidades programan regularmente diverso material de Avery, que, tras estar no limbo durante os anos sesenta e setenta, na actualidade disfruta dun merecido reconecemento.
Frederick Avery, máis coñecido como Tex Avery, texano de nacimento (Taylor, 1908), e descendente nada menos que do mítico Daniel Boone, manifestou a súa afección polo debuxo a moi temprana idade, chegando a exercer como debuxante free lance xa desde a súa época de estudiante. Tras traballar, xa en California, para varios periódicos, Avery toi contratado, a principios dos anos trinta, polo Departamento de Tintado dos estudios Walter Lantz, onde tras un curto periodo ascendeu a debuxante de backgrounds (os fondos ou decorado da imaxe animada), e, posteriormente, a imbetweener (o animador que pinta os debuxos entre o principio e o final de cada escea debuxada polo animador xete). Tras abandoar a Lantz a mediados dos anos trinta (para quen chegou dirixir dous cartoons anónimos e xunto a quen regresaría ó final da súa carreira cinematográfica), Avery empleouse na unidade de animación da Warner Bros, onde se atopa cun ambiente de traballo excelente e criativo, compartendo inquedanzas con Bob Clampett, Chuck Jones e Bob Cannon.
Aínda que a metade da filmografía de Avery está baixo o emblema da Warner, a súa etapa neste estudio non é a mais representativa da xenialidade do autor. Malia a valía e inxenio indiscutible de moitos dos seus cartoons Warner, atopámonos neles a un Avery "descafeinado" ou, mellor dito, "domesticado" probablemente por estar suxeito ó estilo da productora, Avery ficha pola Metro en 1942, tras un brevisimo paréntese na Paramount. É aquí, na productora do león, cando ten por fin o control total de cada cartoon que dirixe. Para empezar, significativamente, Avery pasa a firmar os seus debuxos da MGM como Tex Avery, en lugar do máis serio Frederick Avery que tiña empregado ata entón. Os seus cartoons para a Metro, con moitos dos seus gags centrados en temas adultos como as motivacións sexuais, o instinto de supervivencia ou o absurdo intelixente, son na súa maior parte obras mestras que non pasan de moda e conseguen arrincar as gargalladas do público de hoxe en día de igual forma có fixeron fai coarenta ou cincuenta anos.
Este programa de Avery, aínda que non inclúe nengunha das súas obras máis coñecidas -xa programadas previamente- si presenta certos cartoons de extraordinario interese. Comeza a proxección con Screwball football (Warner Bros, 1939), farsa en torno ós noticiarios futbolísticos da época con caricaturas dalgúns populares xogadores de entón. Seguiremos con The bear's tale (WB, 1940), traballo tipicamente averyano no que de forma cínicamente inxeniosa se entremezclan os personaxes do conto Ricitos de Oro e Caperucita Roja. A continuación, The heckling hare (WB, 1941), marabilloso cartoon protagonizado por Bugs Bunny que inclúe varios gags clásicos e a famosa longa caída polo precipicio. Xa baixo o emblema do león, pasaremos Wags to riches (MGM, 1949), curta que narra como, traia morte do seu amo, o can Spike tenta asasiñar a Droopy para se converter no beneficiario da herdanza; o éxito da historia deu pé a un remake en formato CinemaScope en 1955, Millonaire Droopy, xa proxectado no CGAl. Proseguiremos con The peachy cobbler (MGM, 1950), cunha emotiva narración duns gnomos que axudan a un pobre matrimonio de zapateiros ancianos. A proxección continúa con The chump champ (MGM, 1950), onde o tramposo Spike compite con Droopy nunha especie de Xogos Olímpicos caninos. Despois, The three little pups (MGM, 1953), que, novamente protagonizado por Droopy, é unha parodia canina do conto dos "tres cerditos", divertidísimo malia o empleo da técnica de animación limitada. Concluímos a proxección con Drag-a-long Droopy (MGM, 1954), cartoon que é para moitos o mellor western protagonizado por Droopy (opinión que non comparto).