La octava mujer de Barba Azul
Bluebeard's Eighth Wife
Claudefle Colbert, Gary Cooper, Edward Everett Horton, David Niven
- 80 min.
Michael Brandon, millonario americano casado en numerosas ocasións, entra nuns grandes almacéns e coñece a Nicole de Loiselle, unha aristócrata arruinada.
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
La octava mujer de Barba Azul
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Edward Everett Horton en...
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
La octava mujer de Barba Azul
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Edward Everett Horton en...
- Ano:1938
- Países de producción: Estados Unidos
- Guión: Charles Brackett, Billy Wilder (Teatro: Alfred Savoir)
- Fotografía: Leo Tover
En Nosferatu n° 20, «Secundarios y antagonistas del Hollywood Clásico»
Àngel Quintana
Bluebeard's Eight Wife é a derradeira obra que Lubitsch realizou para a Paramount antes de independizarse como productor e poder traballar nun réxime de certa comodidade en relación á política dos grandes estudios. A primeira escena transcorre nuns grandes almacéns. Un excéntrico millonario americano (Gary Cooper) merca un pixamo, pero rexeita levarse os pantalóns, xa que acostuma a durmir sen eles. A discusión sobre a utilidade das dúas pezas do pixama parece conducir o film cara ó terreo da banalidade e a extravagancia.
Máis tarde, para seducir á muller que escolleu como esposa (Claudette Colbert), o millonario non dubidará en pasearse con traxe e corbata pola praia, e subirse nun patin acuático para alcanzar a súa companeira. A derradeira escena da pelicula transcorre no interior dun manicomio. A víctima é o marido, que toleou por amor e que debe ser roscatado pola súa esposa e polo seu sogro (Edward Everett Horton).
Para poder entrar no interior da institución psiquiátrica e burlar ós vixiantes, o sogro porase a ladrar na porta. Os ladridos constitúen o pasaporte de acceso a un mundo dominado pola demencia. As numerosas situacións absurdas que irrompen continuamente no interior da trama de Bluebeard's Eight Wife parecen situar a película nun terreo próximo ó humor dos Irmáns Marx, e a algúns espectadores pode desconcertar, sobre todo se se parte dunha idea restrinxida do Lubitsch Touch, entendido como un modelo de escritura baseado unicamente na elipse, as insinuacións e os sobreentendidos.