
A ponte da morriña
- 35 min.
Coa tradición oral asistimos á recuperación dunha parte da memoria colectiva deste país. Os protagonistas do documental son os moradores dos Ancares, xentes que a pesar da globalización imperante nesta fin de milenio, seguen labrando a terra, coidando o gando e mantendo vivas as súas aldeas vitais. A través dos seus contos e lendas vemos como esta comunidade pervive a pesar do illamento e nós como espectadores convertémonos en herdeiros da súa memoria. "Nos Ancares quedan poucos lobos, poucas lareiras, poucos nenos, pero aínda quedan lendas".
- Ano:1998
- Países de producción: España
- Guión: Pilar Faxil, Cristina Santos, Helena Villares
- Fotografía: Luis Pardo de Vera