Innisfree
- 110 min.
Documental sobre as paisaxes e as xentes de Innisfree, o mítico lugar irlandés onde John Ford ambientou en 1952 a súa película El hombre tranquilo, e ata que punto a súa rodaxe e a ficción que narraba xa forman parte da memoria colectiva da vila.
-
Presentación do libro 'Imagen, memoria y fascinación. Notas sobre el documental en España'.
Innisfree
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm. -
-
Nos límites da realidade. Cine documental en España
Innisfree
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm. -
Nos límites da realidade. Cine documental en España
Innisfree
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.
- Ano:1990
- Países de producción: España, Francia, Irlanda
- Guión: José Luis Guerín
- Fotografía: Gerardo Gormezano
- Montaje: José Luis Guerín
Comentarios á sesión
José Luis Guerín
Todo empezou durante unha viaxe de vacacións polo amplo marco xeográfico onde se rodou en 1951 «O home tranquilo»... Entrei nun pub dunha fermosa vila irlandesa e escoitei a catro vellos - completamente bébedos- falando de John Ford. Comprendín nese mesmo momento que de aí podería sair unha película fascinante. Así ocurréuseme a idea de facer Innistree.
Divertinme buscando os posibles encuadres e localizacións fordianas que me lembrasen hoxe aquela película de onte, buscando ademais aqueles fragmentos dispersos da realidade circundante que serviron a John Ford para recrear o mundo de ficción que ofrece na súa película. Pero logo, ó plantexarme a realización do meu «documental irlandés», esa realidade recreada de «O home tranquilo» quedou en segundo término, como un factor máis que se integraba nesa paisaxe.
De entrada resulta improbable que un productor non se inhiba ó escoitar a palabra «documental», aínda que eu prefiro dicir «un punto de vista documentado», expresión de Jean Vigo que me gosta moito. Facia falta atopar un reclamo... unha estrela... John Wayne, por exemplo.
A película de Ford pode considerarse como o derradeiro capítulo da colonización extranxeira que sufriu Innisfree, que vai dos lexendarios pictos ós celtas, cristiáns, vikingos, saxóns, normandos e británicos. A estancia dunha equipa de Hollywood que chegou a Innisfree fai coarenta anos forma parte xa do patrimonio local.
Un entorno, uns personaxes, unha realidade, en definitiva, que entende mellor o espectador de Ford que o antropólogo ou o etnólogo. ¿Por que falan dese modo? ¿De onde saíu ese proverbio? ¿Por que levan esas gorras de lana propias das illas de Arán? ¿Por que entonan esas baladas impropias dese condado? Non hai respostas para o científico ignorante do evento acaecido en Innisfree coarenta anos atrás: o cine integrouse na vida desa colectividade.