Los sobornados
The Big Heat
Glenn Ford, Gloria Grahame, Jocelyn Brando, Alexander Scourby, Lee Marvin
- 90 min.
O tenente Dave Bannion investiga a morte dun policía e descobre que detrás está Vince Stone. A moza deste decide colaborar con Bannion despois de que Stone lle desfigure a cara con café fervendo.
-
-
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
Los sobornados
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Gloria Grahame en...
- Ano:1953
- Países de producción: Estados Unidos
- Guión: Sydney Boehm
- Fotografía: Charles Lang Jr.
En Nosferatu nº20, 'Secundarios y antagonistas del Hollywood clásico'
Ricardo Aldorondo
(...) A medida que o policia implica a súa propia vida na investigación, a súa posición pasará da busca do desexo profesional de xusticia ó necesidade persoal de vinganza. Da conciencia á senrazón e da honestidade á violencia. «Este momento que se nos escapa. Velai a miña obsesión, di Fritz Lang. Este instante de debilidade que permite o desliz existe para cada un de nós. E inevitable lei de vida. Resulta tan fácil, a prol dun destes momentos, convertirse nun criminal. Estou convencido de que se un efectúa o primeiro paso, os abismos óbrense e o segundo paso chega a ser ineluctable».
O asasinato da esposa do policia marca o salto desa fronteira e abre un novo punto de visto do filme, que ata entón se mantiña a carón do protagonista, e empeza a revelar o interior de Lagana e a súa banda de gangsters. Esa secuencia resume algunhas das dualidades que fan ben combina o film. A tenrura do policia contando un conto á súa filla mentres a través da fiestra o coche estoupa coa esposa dentro; a vida asentada e segura fronte ó impulso de saír con tódalas consecuencias a enfrontarse ó corrupción e o crime que implican ós sectores de poder cidadáns. A partir dese momento cobran forza dous dos numerosos personaxes secundarios perfectamente definidos que van construindo a trama, os de Gloria Grahame e Lee Marvin. Nunha das secuencias memorables da película, el lanza café fervendo sobre o rostro dela, desfigurándolle a metade da cara. A rapaza cínica e frivola que arrastra o seu abrigo de visón, capaz de seguir a un gangster sádico e brutal, coñece o lado do horror e a traxedia,e o desexo de vinganza, e decide axudar ó policia. Lang xoga coa posición do seu rostro para extraer os significados desa dualidade, e Gloria Grahame resume no súa seductora e subtil actuación a ascensión e caída, e finalmente a entrega do seu lado humano, dunha muller vencida pola súa sorte.