Festival de Cans: Sección Oficial 2
- 77 minutos
Un dos certames máis populares de Galicia, Cans, aproveita as circunstancias e limitacións de cabida desta edición -que fai a número 17- para estender a súa presenza por diversas localidades. Esta expansión, que inclúe acordos coa FECIGA (Federación de Cineclubes de Galicia), ten tamén unha das súas paradas no CGAI. Nesta segunda sesión proxectaremos as curtametraxes pertencentes á Sección Oficial do festival: Conte trencat (Miguel Gago), Papá, por que quitas a música (Ariadna Cordal), Reality (David Fidalgo), Badaladas de amor e morte (Iria Ares), Todo el mundo se parece de lejos (Rafa de los Arcos) e Hijos del cuerdo (Borja Santomé).
Enlace:https://www.festivaldecans.gal/gl/seccion-oficial-ficcion-animacion/
-
Festival de Cans: Sección Oficial
Festival de Cans: Sección Oficial 2
Presentación. Entrada de balde.
- Ano:2020
- Países de producción: España