Nuestro tiempo
Nuestro tiempo
Carlos Reygadas, Natalia López, Phil Burgers
- 173 minutos
Seis anos despois dunha película tan monumental como Post Tenebras Lux, Reygadas demostra de novo que é un cineasta que non casa con ninguén, que non se deixa domesticar nin pola industria nin polo público. Nuestro tiempo continúa con certas tendencias do seu cine (a intimidade frontal de Batalla en el cielo, unha ollada case antropolóxica como a que ofrecía en Luz silenciosa) a través dunha disección do amor romántico narrada ao modo de western moderno. A película está protagonizada por el mesmo e a muller (a montadora Natalia López), e narra a crise dun matrimonio aberto cando ela comeza a sentirse atraída por unha terceira persoa. Reygadas asina así un retrato sobre a loita de egos e a toxicidade masculina nun filme que nos deixa algunhas das imaxes máis salvaxes e impactantes do ano. (Catálogo D’A).
- Ano:2018
- Países de producción: Alemania, Dinamarca, Francia, México, Suecia
- Guión: Carlos Reygadas
- Fotografía: Adrián Durazo, Diego García.
- Productora(s): Mantarraya Producciones