Os presentes simbólicos
- 48 min.
Xavier Villaverde, Galicia Caníbal, 1985, 7 min
Estética de viodeoclip con música dos Resentidos. Apropiación e superposición de imaxes que proxectan unha Galicia democrática e moderna, complexa, icónica e simbólica, cordialmente irónica.
Xavier Villaverde, Alicia en Galicia Caníbal, 1985, 3 min 49 s
Extracto en vídeo da instalación multidisciplinar que Xavier Villaverde realizou, co apoio da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, nunha igrexa da Coruña.
Ignacio Pardo, Parpadeo, 1986, 3 min 16 s
Fusión entre a ollada segmentada do ollo humano (fotogramas sucesivos de pestanexos, de fixación óptica co espectador e coa anatomía concreta externa do órgano visual e sobreposición cromática, manipulacións en monocromía. .
Ignacio Pardo, Ojo de pez, 1994, 5 min 11 s
Imáxes infográficas e inclusións subliminais de fotogramas dunha muller e un home en acción sexual. Entrevisto, referencias afastadas a Hokusai.
Antonio Segade, Durme Rainer, xa estás morto, 1987, 5 min 6 s
Esta obra experimental homenaxea a Rainer Werner Fassbinder apropiándose e reutilizando sintética e cromaticamente imaxes das películas do director alemán: La tercera generación (1979), Querelle (1982) e El matrimonio de María Braun (1978).
Eloy Lozano, Numeralia, 1988, 3 min 15 s
Planos diferentes con números sen correlación, grafismos e letras sobre imprimacións infográficas texturizadas.
Teo Manuel Abad, HARDO, 1991, 12 min 25 s
O radical e sanguíneo nun ambiente de desilusión postermonuclear e de encerramento agónico, con superposicións e saltos narrativos nunha oclusión estética de uniformidade pseudoindustrial.
Teo Manuel Abad, 365, 1991, 9 min 24 s
Relatorio visual de programas e informativos de televisión, ligado coa vocalización numérica dos trescentos sesenta e cinco días dun ano, unha narración non funcional, e un poema de Luisa Castro.
-
Mirada País. Videocreación
Os presentes simbólicos
Presentación: Alberto Carton (comisario), Antón Reixa. Conversa: Teo Manuel Abad e Xisela Franco. Entrada gratis
- Ano:1991
- Países de producción: España