FÓRA DE SERIE
Del 7 de enero de 2014 al 28 de febrero de 2014
Proxectamos algunhas das estreas máis agardadas de tempos recentes: os títulos nacionais dirixidos por Albert Serra (Història de la meva mort, gañadora en Locarno), Juan Cavestany (a comedia Gente en sitios e a recuperación de dous títulos anteriores), Los Hijos (Árboles) ou Luis López Carrasco, membro de Los Hijos e asinante en solitario de El futuro; tamén a visita do titán Claude Lanzmann ao exterminio xudeu da II Guerra mundial con El último de los injustos; e os filmes máis actuais de Bruno Dumont, Paul Thomas Anderson (oportunidade de poder asistir á versión orixinal con copia en celuloide de The Master) ou Bernardo Bertolucci. Recuperamos, así mesmo, un clásico con copia nova en DCP, El río de Jean Renoir, De jueves a domingo e mais un filme de Raoul Ruíz, Nucingen Hotel, que serve de marco á presentación do libro do profesor e comisario de arte Alberto Ruíz de Samaniego, Ser y no ser. Figuras en el dominio de lo espectral.
Agradecementos: Juan Cavestany, Albert Serra, Alberto Ruíz de Samaniego, Daniel Sánchez Salas, Àngel Quintana, Luis López Carrasco, Los Hijos.
  
  De jueves a domingo
  
  Camille Claudel 1915
  
  Gente en sitios
  
  El señor
  
  Dispongo de barcos
  
  Història de la meva mort
  
  El río
  
  The Master
  
  Nucingen House
  
  Tú y yo
  
  El último de los injustos
  
  El futuro