Camille Claudel 1915
Bruno Dumont, 2013.
95'. DCP. Subt. castelán.
CAMILLE CLAUDEL 1915
(Francia, 2013)
Dirección e guión: Bruno Dumont. Produción: 3B Productions. Fotografía: Guillaume Deffontaines. Intérpretes: Juliette Binoche, Jean-Luc Vincent. Duración: 95 minutos.
Regreso á personaxe de Camille Claudel (enorme Juliette Binoche), escultora, colaboradora e amante de Auguste Rodin. O filme céntrase nuns poucos días de 1915, coa artista internada nun manicomio, por decision da nai e o irmán, a pesar de opinións profesionais contrarias. Inspirado na súa escrita epistolar e algúns informes médicos, o naturalista radical e intenso Bruno Dumont –actores non profesionais verdadeiros diminuídos psíquicos, son ambiente, elocuentes silencios, minuciosidade visual– amosa como Camille vive o horror do encerro, privada da súa arte e esquecida do mundo, un feito forzado polo irmán, o célebre poeta, diplomático e devoto católico Paul Claudel.