El último de los injustos
Claude Lanzmann, 2013.
220'. DCP. Subt. castelán.
LE DERNIER DES INJUSTES / EL ÚLTIMO DE LOS INJUSTOS
(Francia-Austria, 2013)
Dirección e guión: Claude Lanzmann. Produción: Synecdoche, Le Pacte, Les Films Aleph, Dor Film e France 3 Cinema. Fotografía: Caroline Champetier e William Lubchantsky. Duración: 220 minutos.
Velaquí outra peza capital do lendario autor de Shoah, Claude Lanzmann (París, 1925). Das moitas entrevistas que Lanzmann faría para a súa obra mestra e monumento fílmico, na década dos 70 sobresae unha que quedou descartada da metraxe final. Lanzmann achégase a Benjamin Murmelstein, figura contraditoria e último sobrevivinte entre os xudeus a quen os nazis encargaban o ambivalente labor de administraren os seus propios guetos. Unha combinación de material de arquivo con novas imaxes dos lugares dos acontecementos, nun exercicio de dupla ollada ao pasado dende o presente: pasado da Guerra e pasado da conversa –intrincada, complexa– entre Lanzmann e Murmelstein.