Pasión y boda de Pamplinas (+ Una semana)
Herbert Blanche, 1920
89'. DCP. Subt. castelán.
THE SAPHEAD / PASIÓN Y BODA DE PAMPLINAS
(Estados Unidos, 1920)
Dirección: Herbert Blanche. Guión: June Mathis, sobre textos de Winchell Smith, Victor Mapes e Bronson Howard. Produción: Metro Pictures. Fotografía: Harold Wenstrom. Intérpretes: Buster Keaton, William H. Crane. Duración: 70 minutos.
Bertie, fillo do millonario Nicholas van Alstyne namórase da afillada de seu pai, Agnes. Bertie vese obrigado a pelexar coas malas artes do medio irmán, Mark. Comeza unha loita sen tregua polo amor de Agnes que chega a poñer en perigo o negocio familiar. Baseada nunha peza teatral que fixera célebre Douglas Fairbanks no cine, este filme –tamén coñecido como El crimen de Pamplinas- inaugura o ciclo dedicado a Keaton con dúas circunstancias destacadas: é un adianto da comedia de enredo amoroso dos anos 30, máis alta comedia ca filme burlesco; Keaton ten presenza antes como actor ca como cómico, aproveitando o prurito que lle daría ser o protagonista dunha longametraxe logo da súa experiencia nas curtas de Fatty Arbuckle.
Complementa a sesión a curtametraxe de 19 minutos One Week / Una semana (1920) de Buster Keaton e Eddie Cline. É un traballo persoal e de enorme éxito para Keaton, onde vai desenvolvendo a vis cómica e a reflexión contemporánea a través da hilarante historia do proceso de construción dunha casa desmontable por parte dun matrimonio de acabados de casar.
-
Buster Keaton
Pasión y boda de Pamplinas (+ Una semana)
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.'Una semana' proxectouse nun novo ciclo a Keaton en 2014, non nesta sesión.
-
Buster Keaton
Pasión y boda de Pamplinas (+ Una semana)
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.'Una semana' proxectouse nun novo ciclo a Keaton en 2014, non nesta sesión.