El maquinista de la general
Buster Keaton e Clyde Bruckman, 1926
83'. DCP. Subt.castelán.
THE GENERAL / EL MAQUINISTA DE LA GENERAL
(Estados Unidos, 1926)
Dirección e guión: Buster Keaton e Clyde Bruckman, sobre un relato de William Pittenger. Produción: Buster Keaton Productions. Fotografía: Bert Haines e Dev Jennings. Intérpretes: Buster Keaton, Marion Mack. Duración: 83 minutos.
Cando estala a Guerra de Secesión, Annabelle pide ao seu mozo Johnnie que se aliste no exército sudista, pero o exercito considérao máis útil na súa profesión de maquinista de tren. Annabelle cre que foi un acto de covardía e decide non falarlle máis. Un ano despois, cando Annabelle ten que viaxar na locomotora de Johnnie para ir ver a seu pai ferido, un grupo de nordistas rouban a locomotora e lévana prisioneira. Keaton representa un mozo traxicómico que se caracteriza por se enfrontar a diversas desgrazas mentres mantén a inexpresividade facial, a se apoiar na capacidade corporal para desenvolver un humor físico de arriscadas acrobacias e negándose a usar dobres. Considerada a súa grande obra mestra, Buster Keaton –a mostrar o peso que para el ten o real no cine– dixo: "mentres uns recorren ás novelas para encontraren argumentos, outros recorren á Historia". Recomendada a partir dos 9 anos.
-
Buster Keaton
El maquinista de la general
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Proxección tamén de Hard Luck (1921).
-
Buster Keaton
El maquinista de la general
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Proxección tamén de Hard Luck (1921).