Continental
Xavier Villaverde, 1989
100´. 35mm. Entrada de balde.
CONTINENTAL (España, 1989) Dirección: Xavier Villaverde. Guión: Raúl Veiga e Xavier Villaverde. Produción: Xavier Villaverde Asociados. Fotografía: Javier Salmones. Intérpretes: Eusebio Poncela, Cristina Marcos, Feodor Atkine, Jorge Sanz, Marisa Paredes, Héctor Alterio, Alberto Alonso, Fernando Guillén. Duración: 100 minutos. Nunha ría perdida, o xefe mafioso Gonçalves celebra o triunfo definitivo sobre as bandas rivais. Anos despois, a finais da década dos 50, dous amigos, Ventura e Otálora, os seus sucesores, pelexan polos dominios, negocios que van da prostitución ao tabaco. Comezan as hostilidades entre as dúas bandas. Todo, inclusive unha historia de amor, xira ao redor dun vello local, Continental, símbolo do poder e a división dos tres mafiosos do relato. Thriller elegante e estilizado, posuidor dun poderoso elenco, aderezado por secundarios galegos, que tivo un nomeamento ao Goya á mellor dirección novel para Xavier Villaverde. A primeira das tres longametraxes estreadas no marco de Cinegalicia, tivo o pase inaugural o xoves 23 de novembro de 1989 no Cine Fraga de Vigo.