¡Dame un poco de amoooor…!
José María Forqué, 1968.
87’. Entrada gratuíta.
¡DAME UN POCO DE AMOOOOR...!
(España, 1968)
Dirección: José María Forqué. Guión: Eduardo Ducay, Juan Cobos, José Maria Forqué e Carlos Muñiz. Produción: Estudios Moro. Fotografía: Francisco Sempere. Intérpretes: Los Bravos, Rosenda Monteros. Duración: 87 minutos.
Un alquimista chinés está atrapado por un malvado que o quere obrigar a descubrir un elixir máxico que lle permita dominar a humanidade. A filla deste e os mozos dun grupo musical acudirán no seu rescate. A máis ambiciosa das incursións cinematográficas do mítico grupo musical “Los Bravos” ten dirección de Forqué e guión, entre outros, de Ducay, presentándose directamente como un insólito e divertido cómic que parodia as aventuras de Fu-Manchú e o cine de espías ao uso mentres recolle con suma agudeza as correntes socioculturais da época –desde a psicodelia ao pop- chegando a inserir un segmento de animación elaborado por Francisco Macián. Aparicións de secundarios estimulantes como Laly Soldevila, José Luis Coll, Tomás Zori ou Álvaro de Luna, así como numerosos achados visuais nunha película moi persoal e orixinal.