Los pájaros
Alfred Hitchcock, 1963.
119’. Subt. Castelán
LOS PÁJAROS
(Estados Unidos, 1963)
Dirección: Alfred Hitchcock. Guión: Eva Hunter, sobre o relato de Daphne de Maurier «The birds» (libro The apple tree). Produción: Universal. Fotografía: Robert Burks. Intérpretes: Tippi Hedren, Rod Taylor, Jessica Tandy. Duración: 119 minutos.
Mélanie coñece en San Francisco un avogado, Mitch. Unha visita ao pequeno porto onde vive vese ensombrecida polo ataque dunha gaivota. Mentres Mélanie vai intimando coa familia de Mitch, a estraña, inexplicable e agresiva conduta dos páxaros crece. Maxistral clásico que subverte toda noción de veracidade co obxectivo de crear unha atmosfera de desasosego e pánico produto dun sofisticado (e laborioso) labor técnico, froito de máis de dous anos de traballo con colaboradores de Disney.