
ASALTO A LA COMISARÍA DEL DISTRITO 13
John Carpenter, 1976
91´. Subtítulos en galego.
ASSAULT ON PRECINT 13 / ASALTO A LA COMISARÍA DEL DISTRITO 13 (Estados Unidos, 1976) Dirección e guión: John Carpenter. Produción: CKK, Turtle. Fotografía: Douglas Knapp. Intérpretes: Austin Stoker, Darwin Joston, Laurie Zimmer. Duración: 91 minutos. Modesta, chea de ritmo, unha modélica produción do gran John Carpenter que homenaxea con orixinalidade a Río Bravo (1959) de Howard Hawks. Unha violenta banda de delincuentes logo dun asasinato que é vingado polo pai da vítima, aproveita a escuridade da noite para cercar a comisaría do distrito 13 onde se atopa o home. Os policías e os detidos do interior deben facer fronte aos constantes ataques de que é obxecto o edificio.