EL ÚLTIMO HURRA
John Ford, 1958.
121´. Subtítulos en castelán.
THE LAST HURRAH / EL ÚLTIMO HURRA (Estados Unidos, 1958) Dirección: John Ford. Guión: Frank S. Nugent, sobre a novela de Edwin O´Connor. Produción: John Ford para Columbia Pictures. Fotografía: Charles Lawton Jr. Intérpretes: Spencer Tracy, Jeffrey Hunter, Dianne Foster. Duración: 121 minutos. Un veterano alcalde demócrata dunha poboación do interior dos Estados Unidos, Frank Skeffington, enfróntase á súa última reelección, xa que logo desexa retirarse. As eleccións anímanse cando parece claro que o contricante leva atrás del as principais forzas vivas da localidade, entre eles o poderoso Amos Poe, vello rival de Skeffington. Relato político apaixonante baseado nun libro de Edwin O´Connor e inspirado na vida de Curley, alcalde de Boston, é un dos títulos menos coñecidos de Ford enriquecido pola presenza de intérpretes como Basil Rathbone, Donald Crisp, Pat O´Brien e John Carradine.