
THE SEA WOLF
Michael Curtiz, 1941.
100´. Subtítulos en galego.
THE SEA WOLF
(Estados Unidos, 1941)
Dirección: Michael Curtiz. Guión: Robert Rossen, sobre a novela homónima de Jack London. Produción: Warner Bros. Pictures. Fotografía: Sol Polito. Intérpretes: Edward G. Robinson, Ida Lupino, John Garfield. Duración: 100 minutos.
Logo dun accidente en alta mar, o capitán Larsen, un tirano psicótico rescata a un escritor e unha muller. Os dous xunto a un mariñeiro e aterrados pola actitude de Larsen, deciden fuxir. Pero a travesía é desastrosa e volven ao barco, onde só queda un Larsen cego e encolerizado. Tensa e arrepiante adaptación dun relato de London escrito por Robert Rossen. No elenco tamén figuran actores como Alexander Knox, Barry Fitzgerald e Howard Da Silva.